QUEN SOMOS?
Somos unha asociación estudantil da Universidade de Santiago de Compostela interesada en profundizar nos diversos campos da bioloxía. Pretendemos mellorar a nosa preparación e adquirir coñecementos e habilidades útiles para un futuro profesional. Promovemos a divulgación científica e a concienciación medioambiental, organizamos debates, charlas abertas, conferencias, cursos de extensión e realizaremos calquera proxecto que nos permita entrar en contacto co mundo da investigación e da bioloxía aplicada.
Este é un proxecto participativo, transparente e asambleario, co que pretendemos afrontar activamente a crítica situación económica da nosa formación universitaria e implicar ao estudantado na súa mellora. |
OBXECTIVOS
- Ampliar a nosa formación universitaria máis alá do que aprendemos nas aulas. - Promover charlas e actividades na nosa facultade. - Adquirir habilidades útiles para o noso futuro profesional. - Implicar ao estudantado na mellora da calidade universitaria. |