Os individuos novos presentan xeralmente tonalidades grisáceas moi apagadas durante o inverno, mentres que no verán teñen unha cor marrón escura. Os machos son lixeiramente maiores que as femias pero o dimorfismo apenas é apreciable.
2. Distribución
Na península Ibérica quedan entre 900 (a finais do inverno, antes da época de cría) e 2700(despois dos partos) exemplares de lobo ibérico concentrados especialmente no noroeste peninsular.
Segundo os datos máis recentes atopamos un total de 278 manadas, as cales en moitas ocasións son compartidas por varias comunidades autónomas debido aos grandes desprazamentos que realizan. O maior número de manadas atopámolo en Castilla y León cun total de 179 manadas, seguido en número por Galiza e Asturias. Tamén atopamos algunhas manadas en Cantabria, aínda que menos numerosas que nas anteriores comunidades e contabilizouse algunha en Castilla-La Mancha e Madrid.
3. Identificación
Pegadas: A man anterior do macho mide 11cm de longo e 8.5cm de ancho, nos máis pequenos 4cmx4cm e nos de mediana idade 6cmx5cm. A man anterior da femia mide 7 cm de ancho e 10.5 de largo. Marcan 4 dedos coas unllas. Son moi similares ás dun can, polo que hai que ter en conta outras variables (lugar, rastro, tipo de terreo…), seguramente que se hai unha sucesión de pegadas en liña recta é dun lobo e se é máis irregular dun can.
Tamén é importante diferenciar se é unha pata dianteira ou traseira, que se poderá facer mediante a almofada intermedia. As almofadas dixitais centrais soen presentarse máis separadas e alargadas respecto as de cans que tenden a cerrarse hacia ó interior.
Excrementos: as feces cumpren unha función de sinalización olorosa e visual do lobo. Depositadas en lugares estratéxicos como arbustos ou carroñas… Teñen aspecto retorcido, de cor cinza ou negro, compactos ou divididos en 2 ou 3 segmentos con gran contido de pelo e ósos
Rascaduras: obsérvanse debaixo das feces e hai diferencias entre adulto e xove, aparecendo os arañazos destes últimos en series máis abertas.
4. Papel ecolóxico
O papel ecolóxico máis importante é que se trata dun excelente regulador das poboacións herbívoras naturais pola súa natureza depredadora.
5. Que utilidade teñen os lobos nos bosques?
Control das poboacións de herbívoros: o lobo, a través da relación depredador-presa, consegue controlar o número de presas permitindo que estean baixo uns niveis aceptables para o entorno natural.
Axente de selección natural: o lobo, indirectamente, coa súa actividade depredadora, ten a función de axente de selección natural porque normalmente dá caza ós individuos máis débiles, vellos ou enfermos do seu hábitat permitindo unha renovación deste último.
Control das poboacións doutros depredadores: isto débese a que os grandes depredadores ou superdepredadores manteñen a raia ós carnívoros de pequeno ou mediano tamaño e por iso, os herbívoros do ecosistema no que viven ditos superdepredadores poden prosperar adecuadamente.
Aumento da disponibilidade de carroñas: por outra parte aumenta a dispoñibilidade de alimento para os animais carroñeiros, debido a que pola súa acción predatoria, produce a morte de distintas presas das que se alimenta e coas que se alimentarán máis tarde os animais carroñeiros coma os buitres, corvos, coyotes.. ou ben animais que sen ser carroñeiros consumen carroña cando teñen a ocasión como poden ser os osos.
Sanitario dos bosques: polos seus hábitos alimenticios sábese que tamén sabe aproveitar a disponibilidade da carroña, cumprindo unha función saneadora nos bosques, impedindo a transmisión de enfermidades infecciosas co consumo dos cadáveres que pode haber dispersos polo bosque.
6. Estado de conservación.
Segundo a UICN, o lobo ibérico está catalogado como especie Case Ameazada (NT). Sitúase nesta categoría porque a poboación aumentou nos últimos 35 anos, estando constituída por uns 2000 individuos. Sen embargo, na poboación de Sierra Morena está catalogada como especie En Perigo Crítico (CR), xa que está potencialmente extinguida.
Aínda que os datos en cuestión de individuos parece boa no lobo ibérico, o certo é que a poboación efectiva só supón un 11% da real. En outras palabras, estase a dar unha gran perda de variabilidade xenética, en moitos casos pola fragmentación do seu hábitat, polo que é imprescindible tomar medidas de conservación que eliminen estas barreiras reprodutivas e territoriais. É moi importante permitir o crecemento continuado das poboacións e permeabilizar as infrastructuras. Outra medida de conservación moi importante ten que ver co impacto do lobo ibérico na gandería e o desprestixio social que isto creou na especie. A maior taxa de mortalidade é debida a factores humanos que constitúen unha gran ameaza para as poboacións. É por isto que existe a Estratexia Nacional para a conservación e xestión do lobo aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente e as Comunidades Autónomas. Este documento inclúe medidas como: - Compensación e prevención dos danos ocasionadas. - No norte da Península levase a cabo o control e caza do lobo para reducir os danos pero asegurando a persistencia das poboacións locais. - Ecoturismo con lobo ibérico. - No caso de Sierra Morena reducir totalmente o número de mortes ilegais. - Conservar o seu hábitat e evitar a fragmentación do mesmo.
7. Ameazas
Incluso en zonas protexidas e pouco humanizadas, a meirande parte da mortalidade do lobo ibérico débese a factores humanos. As principais ameazas ás que se afronta o lobo ibérico debidas, directa ou indirectamente, á presenza do humán son as seguintes:
Persecución directa pola poboación: os lobos atacan de maneira habitual ao gando, sobre todo ao gando menor que pasta en réxime extensivo e pernoita no campo sen protección. Por exemplo, en España no ano 2003, o valor dos danos causados polo lobo ao gando alcanzaron uns 1,5 millóns de euros. A súa mala reputación no mundo rural fai que sexa perseguido de forma directa podendo provocar, eventualmente, a extinción de poboacións locais e constituíndo o principal problema para a súa conservación.
Envelenamentos e atropelos: son unha das principais causas de morte dos lobos ibéricos. Un estudo sinala que sobre o 70% dos lobos morren por atropelos nas estradas e sobre o 8% morren por envelenamentos.
Redución dos recursos tróficos: a retirada de carroñas de ganado que se está levando a cabo en cumprimento coa normativa sanitaria, reduce os seus recursos tróficos e pode causar unha diminución da densidade das poboacións de lobos.
Aumento de barreiras: a construción de barreiras como autovías, vías ferroviarias... dificultan a comunicación entre subpoboacións de lobos ibéricos. No caso de Galicia, a autoestrada AP-9 seguramente esté aislando dúas subpoboacións.
Hibridación con cans:varios estudos recentes demostran que a hibridación con canspode ser un problema para as poboacións de lobos que viven en rexións humanizadas.
8. Curiosidades
O tamaño da manada depende da dispoñibilidade de presas e do seu tamaño (canto máis grandes sexan as presas máis grande será a manda). Cando a dieta está composta por grandes herbívoros, as mandas teñen un número grande de integrantes (de 10 a 20 ou máis), pero como en España as presas son de menor tamaño (coellos e corzos) as mandas son máis pequenas. Ademais, cando a manda é moi numerosa, disgrégase e algúns dos membros sepáranse para formar o seu propio grupo.
Os censos de finais dos anos 80 establecen a existencia de 294 mandas en territorio español. Máis de 30 anos despois, entre 2012 e 2014 documéntanse 297 grupos familiares en España, 84 das cales en Galicia (en 2015 descóbrese a existencia de 6 mandas máis).
A subespecie ibérica ten un menor tamaño que os seus conxéneres de América e Asia.
Presenta unhas manchas verticais de cor escuro nas patas dianteiras, ao longo da cola e ao redor da cruz e manchas blancas nos belfos, de ahí a nominación “signatus” que significa marcado.
Pese a poder alcanzar os 50 km por hora non é un animal extremadamente rápido, pero sí moi resistente.
Fracasa na maioría dos seus intentos por conseguir unha presa.
Contrariamente ao que pode parecer, os lobos comunícanse máis pola armonía e a integración que pola agresión, evitan os problemas.
A mortalidade dos lobeznos e aproximadamente do 50%
9. Mapa da distribución do lobo
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (2014). CENSO 2012-2014 DE LOBO IBÉRICO (Canis lupus, Linnaeus, 1758) EN ESPAÑA.
Xunta de Galicia: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015). Censo de lobo ibérico en Galicia. 2013-2014-2015.