Unha campaña en colaboración co Instituto Jane Goodall.
Participando na campaña do Instituto Jane Goodall "Movil-ízate por la selva", pretendemos combatir a problemática ambiental e social que existe co coltán (mineral esencial dos dispositivos electrónicos) no Congo, a través da reciclaxe de dispositivos móbiles en desuso e do apoio a programas de desenvolvemento sostible coa poboación local.
Os móbiles aportados nos postos de recollida serán enviados á empresa Movilbak, acreditada por numerosas ONGs de renome mundial, como Amnistía Internacional, Intermón Oxfam ou o mesmo Instituto Jane Goodall. Esta empresa encargarase da reciclaxe dos móbiles e da doazón dos beneficios obtidos ao desenvolvemento de proxectos educativos e de conservación no Congo; levados a cabo polo Instituto Jane Goodall, entidade coa que colaboramos.
En que consiste o apadriñamento dun chimpancé?
Estes apadriñamentos consisten nunha suscrición anual ao programa “chimpAmig@s” do Instituto Jane Goodall, que informará sobre os chimpancés que chegan ao centro de rehabilitación de Tchimpounga, na República Democrática do Congo.
O gañador do sorteo recicibirá o seu certificado de “chimpAmig@os”, fotos do chimpancé elexido e un informe detallado dende Tchimpounga 4 veces ó ano, cos progresos do apadriñado e as novidades do centro.
QUE É ISTO DO COLTÁN?
O coltán é un termo que corresponde á contracción de dous minerais: A columbita, (Fe, Mn)Nb2O6; e a tantalita, (Fe, Mn)Ta2O6. Estes óxidos constitúen unha solución sólida completa entre ambos minerais. É un recurso moi escaso na natureza. O interese especial do coltán baséase na extracción do tantalio a partir da tantalita. O tantalio é un elemento duro, cun elevado punto de fusión e un condutor eléctrico moi bó, estando presente en case todos os aparellos electrónicos do noso día a día: Móbiles, tablets, ordenadores, baterías… Atopamos o coltán dende en equipamentos médicos ata en armamento militar. Segundo datos da organizaciónFriends of the Congo cerca do 80% do coltán mundial está concentrado neste país, pero á súa vez é considerado o país máis pobre do mundo segundo a ONU no seu “Informe sobre Desenvolvemento Humano” publicado en 2011. En España existen uns 150 teléfonos por cada 100 persoas. En cambio, paradoxicamente o país coas maiores reservas mundiais de coltán, a República Democrática do Congo, só presenta un promedio de 48 teléfonos por cada 100 persoas, segundo os datos do CIAWorld Factbook. A enorme demanda mundial polo coltán, e por outros minerais como a caserita, o cobre, o estaño ou o ouro, potencia e agrava os conflitos bélicos do Congo, supondo a principal vía de financiación para as guerrillas que controlan as minas. Tanto os intereses de Gobernos como de multinacionais e empresas privadas, xogan un papel decisivo na desestabilización da situación política do país, xa que permite manter o control sobre os prezados recursos. Sen dúbida, os países do primeiro mundo somos beneficiarios do expolio do Congo e corresponsables das consecuencias que isto conleva:
Ata o momento, houbo máis de 1,6 millóns de desprazados.
Acorde cos datos da organización Human Rights Watch, prodúcense preto de 585.000 mortes infantís cada ano, debido a unha guerra impulsada e financiada polo comercio co coltán.
Segundo datos de Unicef, 1 de cada 8 menores morre nas zonas de conflito e de extracción de coltán.
Miles de violacións de mulleres e nenas ocorren cada ano. Sen forzas da orde que os protexan, nin educación coa que labrarse un futuro, as nenas e os nenos quedan expostos a todas as formas de explotación, dende as violacións en masa ata a prostitución.
Dende 1993, a guerra polo control das minas xa causou a morte de 6 millóns de persoas, considerándose o conflito bélico máis importante dende a Segunda Guerra Mundial.
DATOS SOBRE O CONGO
A República Democrática do Congo (RDC) é un país da África ecuatorial que comprende gran parte da cunca do río Congo, albergando unha abrumadora biodiversidade.
Ten unha extensión de 2.345.410 km² (tamaño equivalente a 5 veces ó de España) e uns 74.619.000 habitantes.
Ten unha superficie forestal de 1,532,008 km² e 262,000 km² de superficie agrícola.
CONSECUENCIAS MEDIOAMBIENTAIS E PERDA DE BIODIVERSIDADE:
A situación socioeconómica do Congo conleva á deforestación, á perda de hábitat, á contaminación pola actividade mineira, ao tráfico ilegal de animais e á caza comercial de carne salvaxe (bushmeat); principais motivos da perda de biodiversidade no país.
A cunca do río Congo representa o 70 % da cuberta vexetal de África e contén a máis de 600 especies de árbores e 10 mil especies de animais.
Só entre o 10 e o 15 % dos bosques tropicais onde viven as 3 grandes familias de simios (chimpancés, bonobos e gorilas) está baixo a protección legal de parque nacional ou reservanatural. Aínda así, o escaso control que se exerce sobre estas zonas protexidas, debido á inestabilidade do país, impide salvagardar estes grupos de animais.
3,110 km² de superficie forestal son deforestados cada ano, debido á crecente demanda enerxética e ás insostibles técnicas agrarias de queima de bosque para un posterior cultivo do terreo (slash and burn).
Varias especies de gorilas atópanse ameazadas: Gorilla beringei graueri, o gorila oriental de chaira:Reduciuse dende 1990 a tan só 6000 individuos, un 65% menos ca poboación inicial, de 17.000. Gorilla beringei beringei,o gorila de montaña: Só quedan uns 880 individuos. Gorilla gorilla gorilla, o gorila occidentalde chaira, reduciu a súa poboación un 60%. Se se retirasen todas as súas ameazas tardaría 75 anos en recuperar a poboación inicial.
O chimpancé, a especie máis cercana ao home, en perigo de extinción: Os chimpancés xa desapareceron en 4 países africanos: Gambia, Burkina Faso, Begin e Togo. Segundo os datos dun estudo de 2010 do equipo Dr. Cleve Hicks da Universidade de Amsterdam. Calcúlase que nos próximos 50 anos, soamente a caza silvestrepodería exterminar todas as poboacións destes primates. Segundo o IJG, por cada chimpancé orfo que é vendido como mascota, 10 chimpancés da súa familia son asasinados. En 50 anos a poboación de chimpancés no oeste de África pasou de 1.000.000 a 150.000 individuos (un 85% menos).
NÓS SOMOS PARTE DO PROBLEMA, PERO TAMÉN PODEMOS SER PARTE DA SOLUCION:
Aportando un móbil en desuso, axudas a:
REUTILIZAR e REDUCIR a insostible demanda dos seus compoñentes minerais, que financia as guerrillas na República Democrática do Congo.
RECICLAR elementos útiles e dispoñer adecuadamente de materiais tóxicos, como as baterías, evitando a contaminación do medio.
RECADARFONDOS para programas de desenvolvemento, educación e conservación en África, como por exemplo, no centro de Recuperación de Chimpancés do Instituto Jane Goodall en Tchimpounga (Congo). Alí, cóidanse a máis de 150 chimpancés rescatados, e lévanse a cabo programas de desenvolvemento sostible coa comunidade local.
QUE PODO FACER?
Consume menos, non compres un ordenador novo nin un móbil novo se aínda che funciona o anterior.
Compra só produtos aos que lles des un uso habitual. Abstente dos produtos que realmente non necesites.
Compra produtos dunha mellor calidade e cunha vida útil maior. Desta forma, reduces a túa pegada ecolóxica. O produto máis barato non sempre é o mellor, aínda que primeiramente che supoña un gasto, nunha perspectiva máis longa acabas aforrando.
Infórmate sobre alternativas ecolóxicas e/ou de comercio xusto.
Intenta concienciar ao teu arredor sobre a situación.
Máis información...
Contexto histórico e social:
Como soe ser habitual, alí onde se agochan grandes beneficios económicos, estes soen estar asociados con conflitos xeopolíticos importantes. Xúntanse os intereses de moitos paises.
O inicio da guerra na RDC débese a unha desestabilización deste país que deriva dende a ocupación belga en épocas coloniais. A primeira elección democrática ocorreu en 1960, que deu como resultado a elección dun presidente (Patrice Lumumba), de tendencias esquerdistas, que foi derrocado por un golpe de estado (dirixido por Mobuto Sese Seko) apoiado pola CIA e Bélxica, e que instaurou un réxime ditatorial. Nos anos ’90, tralo fin da Guerra Fría, Mobuto perde o apoio dos EEUU e desencadéase unha grande crise.
Neste contexto, en 1994 prodúcese o Xenocidio de Ruanda, un intento de exterminio da minoría tutsi por parte dos hutu. Durante o colonialismo belga, acentuouse o enfrontamento xa existente entre os grupos tribais tutsi e hutu, xa que se promoveu a creación dunha estrutura socioeconómica clasista, a través da institucionalización da mesma cun carné identitario da distinción social destes dous grupos. Desta forma, mantívose aos tutsi como minoría privilexiada, con máis dereitos e ocupando as institucións xunto cos belgas.
Resumindo, os lastres do colonialismo europeo e do intervencionismo belga e americano durante a guerra fría foron os principais desencadeantes da desestabilización do país. Isto permitiu o derrocamento do goberno por parte de milicias e guerrillas apoiadas por Ruanda e Uganda, durante a primeira guerra do Congo (1996-1997) dirixidas polo “marxista” Kabila, que instaurou a República Democrática do Congo, convertindo o Congo nun estado presidencialista.
Kabila permañeceu como marioneta dos rexímenes externos, a desestabilización deste goberno levou a un novo golpe de estado en 1998, inicio da Segunda Guerra da RDC.
A Segunda Guerra da RDC foi un conflito armado de inmensas proporcións que acabou coa vida de aprox. 4 millóns de persoas. O profundo conflito étnico arraigado nos grupos congoleños dende antes da colonización belga, a súa inmensa riqueza en recursos naturais, a inestabilidade do Goberno en perpetuo enfrontamento cos grupos de poder locais e a constante permeabilidade das fronteiras que facilita o avance dos exércitos dos países veciños, convertiron ao país africano nun continuo foco de inestabilidade, do cal se aproveitaron multinacionais e Gobernos para o expolio das súas riquezas.
En realidade, o maior beneficiario do coltán congoleño durante a guerra foi Ruanda. Informes de diversas ONG ou da ONU acusaron a Ruanda e Uganda do expolio das riquezas minerais do Congo. As medidas tomadas resultaron moi pouco efectivas e no Consello de Seguridade da ONU non se chegou a ningún acordo para adoptar outras máis influintes, máis ben ao contrario. Moitos países occidentais seguiron axudando a Uganda e Ruanda tanto militarmente, como a través de cuantiosas “axudas ao desenvolvemento”. Por exemplo, a axencia de axuda británica (DFID) anunciou en setembro do 2000 un préstamo de 95 millóns de $ sobre un periodo de tres anos para axudar ao Goberno ruandés. Resulta paradóxico e difícil de comprender como era necesaria unha axuda a países que poseían os suficientes recursos para invadir o seu veciño. Neste sentido, informes publicados pola ONU e por comisións independentes estimaban que no ano 2000 Ruanda gañara 40 millóns de dólares por diamantes, 15 millóns polo ouro e 191 millóns polo coltán, todos extraídos en solo congoleño.
En resumen, Ruanda e Uganda non só se beneficiaron durante o periodo de guerra da axuda dos países doantes, senón que parte das súas débedes externas foi cancelada e ademais foron considerados como modelos de desenvolvemento económico.
Todos estes movementes tanto duns países africanos a outros, foron consentidos pola Comunidade Internacional que sacaba beneficio deste conflicto. Quen de verdade sufría as consecuencias e aínda as sofre, é o pobo, as aldeas, nativos, etc.
A guerra rematou, pero a presión do propio Gobierno da RDC e das multinacionais que operan baixo capa protectora do Goberno, seguen devastando as selvas, empregando man de obra barata e mal pagada a nenos e mulleres, permitindo que os seus cidadáns morran de fame e por falta de medios sanitarios.
O diñeiro que recibe o goberno da RDC da UNESCO pola declaración de Patrimonio da Humanidade da parte que lle corresponde do Parque Nacional de Virunga, onde se atopan os últimos gorilas de montaña, en lugar de ser empregado para escolas, axuda sanitaria, ou mellorar a vida dos pigmeos e nativos que viven xunto ao Parque, é desviado para os intereses do Estado.
É completamente incongruente que un país tan rico en minerais e que podería ter unha poboación en desenvolvemento, con industrias e explotacións sostibles dos seus recursos, se atope na miseria máis absoluta (excepto os seus dirixentes e seguidores, claro está).
Tanto para as multinacionais como para o Goberno, é mellor manter esta situación, seguir estraendo recursos naturais a baixo custe e que despois este material saia do país con destino a occidente, sen a creación de traballos fixos, nin industrias, nin desenvolvemento nos seus lugares de orixe. A cambio, o goberno segue lucrándose co traballo dos seus cidadáns e as riquezas das súas terras. Non lle interesa ter unha cidadanía culta por medo a que se opoñan á barbarie, é mellor mantelos na ignorancia, perdidos, pobres e mortos de fame, para que non teñan forzas coas que loitar pola súa propia subsistencia.
Esta é unha realidade evidente, temos que concienciar ao noso entorno das implicacións que ten abastecerse dos minerais sacados deste país, xa que alimentan as entrañas da fame, da guerra e da corrupción.
Consecuencias da Guerra:
Tanto os intereses de Gobernos como de multinacionais e empresas privadas, xogan un papel decisivo na desestabilización da situación política do país, xa que permite manter o control sobre os prezados recursos. Sen dúbida, os países do primeiro mundo somos beneficiarios do expolio do Congo e corresponsables das consecuencias que isto conleva:
- Ata o momento, houbo máis de 1,6 millóns de desprazados. - Acorde cos datos da organización Human Rights Watch, prodúcense preto de 585.000 mortes infantís cada ano, debido a unha guerra impulsada e financiada polo comercio co coltán. - Segundo datos de Unicef, 1 de cada 8 menores morre nas zonas de conflito e de extracción de coltán. - Miles de violacións de mulleres e nenas ocorren cada ano. Sen forzas da orde que os protexan, nin educación coa que labrarse un futuro, as nenas e os nenos quedan expostos a todas as formas de explotación, dende as violacións en masa ata a prostitución. - Dende 1993, a guerra polo control das minas xa causou a morte de 6 millóns de persoas, considerándose o conflito bélico máis importante dende a Segunda Guerra Mundial.
Problemática social vinculada á extracción do coltán:
Estes tipo conflictos danse por todo o planeta e comparten algo fundamental: Derivan dun modelo económico basado na producción e no consumo masivo, o cal conleva a unha explotación dos recursos desmesurada e realizada como se fosen inesgotables. Outro elemento común son as empresas multinacionais, que buscan, presionan e compiten por eses recursos, usando todo o seu poder en detrimento das comunidades locais e do medio ambiente.
Situación como as do Congo, moitas veces son tachadas unicamente como guerras étnicas, pero na actualidade a guerra de intereses é a que xoga un papel central. Os países occidentais teñen a capacidade suficiente para poder intervir de forma adecuada, estabilizar unha democracia na que se elimine a corrupción e deter as constantes violacións dos dereitos humanos que se cometen día tras día. Pero isto, non corresponde cos grandes intereses financieiros, que finalmente son os que moven os fíos da política internacional para asegurar únicamente no seu beneficio o expolio e o xenocidio africano. É un exemplo de como os intereses internacionais poñen por diante o beneficio, antes que os dereitos fundamentais, a protección do medioambiento ou incluso a vida das persoas.
Medidas a adoptar no ámbito xeopolítico:
A partir do ano 2001, a ONU enviou á zona un ‘grupo de expertos’. Os informes elaborados por eles propuñan a declaración dun embargo na zona, tanto de armas como das importación e exportacións de ouro, diamante e coltán sobre os países invasores, para rematar coa guerra e a corrupción. Igualmente, propuñan sancionar tanto aos países como ás empresas que incumpliran o embargo. Tamén aconsellaba unha conxelación dos activos financieiros dos movementos rebeldes (aliados dos países invasores) e dos seus líderes, e que se establecese un proceso de certificación da orixe do diamante, ouro e coltán.
Debe ser fundamental o respecto ao medioambiente, ás poboacións locais e que a extracción de minerais como o coltán non implique a violación dos dereitos humanos nin a matanza doutras especies en serio perigo de estinción, como os gorilas.
A Comunidade Internacional debería adquirir un código de conduta para impedir o comercio de minerais ou outros recursos, que teñan como consecuencia a destrución de hábitat, a perda de biodiversidade e a orixe de desigualdades.
Débense buscar os mecanismos suficientes para reciclar os teléfonos móbiles, crear un sistema de avaliación internacional que prohiba a entrada no mercado destas materias primas procedentes de zonas en conflito e sancionar de maneira exemplar, ás multinacionais que operan e se enriquecen cometendo verdadeiros crímenes contra a humanidade.
Consecuencias medioambientais e perda de biodiversidade:
A situación socioeconómica do Congo deu lugar a: - deforestación (debido ao crecemento e expansión das poboacións humanas, á tala ilegal, á agricultura migratoria, á minería e ós incendios forestais) - perda de hábitat e conseguinte perda de biodiversidade - contaminación pola actividade mineira (chan, aire e auga) - tráfico ilegal de animais - caza comercial de carne salvaxe (bushmeat) crecente en áreas urbanas
A República Democrática do Congo (RDC) é o país con maior diversidade biolóxica en África e un dos centros máis importantes de biodiversidade no mundo. Fogar de máis de 15.000 especies coñecidas de plantas e animais. Soamente a cunca do río Congo representa o 70 % da cuberta vexetal de África e contén a máis de 600 especies de árbores e 10 mil especies de animais, incluíndo as tres grandes familias de simios: gorilas, chimpancés e bonobos. Ademais, presenta máis de 3.200 especies endémicas coma o okapi, pavo real congoleño, bonobos…
Só entre o 10 e o 15 % dos bosques tropicais onde viven as tres grandes familias de simios está baixo a protección legal de parque nacional ou reserva natural. Todas as especies de simios están protexidas por lei ante a caza nos seus propios países e totalmente protexidos contra o comercio internacional no marco do CITES (Convención sobre o comercio ilegal de especies ameazadas de fauna e flora silvestres). Aínda así, o escaso control que se exerce sobre estas zonas protexidas, debido á inestabilidade do país, non garante a seguridade destes grupos de animais.
Sobre 3,110 km² (o equivalente a 311 campos de fútbol) de superficie de bosque son deforestados cada ano, debido á crecente demanda enerxética (leña e carbón vexetal) e ás insostibles técnicas agrarias de queima de bosque para un posterior cultivo do terreo (slash and burn). O que trae consigo unha considerable diminución das poboacións animais en consecuencia das actividades humanas. Esta problemática afecta gravemente a tódolos simios de África occidental.
Os tres grandes simios afectados
a) Desaparición de bonobos e chimpancés.
O chimpancé (Pan troglodytes), a especie máis cercana ao home, atópase en perigo de extinción: Os chimpancés xa desapareceron en 4 países africanos: Gambia, Burkina Faso, Begin e Togo. As poboacións de chimpancés vense extremadamente diminuídas pola perda de hábitat, vinculada ás crecentes demandas de terra pola explosión da poboación humana. (África actualmente ten unha das tasas máis altas de crecemento humano no mundo, a sua poboación duplícase cada 24 anos). A perda de hábitat é unha ameaza significativa para estes animais, xa que coa a invasión e fragmentación dos bosques as comunidades de chimpancés e a cohesión do grupo tamén se ven perturbadas, o que pode causar problemas significativos, tales como a diminución do fluxo xenético así coma conflictos territoriais, xa que se ven obrigados a atopar un novo territorio ou involucrarse en desputas territoriais con outras comunidades da mesma especie.
Por outra banda, tamén se ven mermados pola caza que sofren para alimentar ás poboacións humanas que medran cada vez máis e que moitas veces se adentran á selva para a extracción de minerais. Cando a xente carece doutros recursos, algúns optan por cazar chimpancés, con este traballo ilegal poden gañar entre 300$ e 1000$ ó mes, 422 dólares é o salario medio ó ano, é o país co salario medio máis baixo: 35$ ó mes. Polo tanto, a situación socioeconómica do Congo xoga un papel decisivo na pérdida de biodiversidade e no impacto ambiental.
No norte do Congo estanse cazando 440 chimpancés cada ano para alimento humano (bushmeat). Tradicionalmente, a carne de caza sempre foi usada polos habitantes locais para alimentar as suas familias. Pero nun mundo cada vez máis globalizado, a demanda de carne de animais silvestres nas poboacions urbanas de África e de todo o mundo está a crear unha crisie sen precedentes para moitas especies en perigo crítico, incluidos os chimpancés e outros grandes simios. Calcúlase que nos próximos 50 anos, a caza silvestre por si soa podería exterminar todas as poboacións destes primates.
Ademais da caza está o grande problema da venda ilegal: Segundo o IJG, por cada chimpancé orfo que é vendido como mascota, 10 chimpancés da súa familia son asasinados. A maioría dos chimpancés que son vendidos como mascotas, ao medrar vólvense perigosos e terminan en laboratorios de investigación médica, onde viven en condicións moi deficientes.
En 50 anos a poboación de chimpancés no oeste de África pasou de 1.000.000 a 150.000 individuos (un 85% menos).
En canto ás poboacións de bonobos (Pan paniscus), tamén chamado chimpancé pigmeo (chimpancé grácil ou chimpancé anano), unha das dúas especies que compoñen o xénero dos chimpancés. A primeira vista son moi parecidos ao chimpancé común (Pan troglodytes) pero teñen a cara negra, as orellas máis pequenas e as pernas máis longas. Segundo os datos de WWF viven entorno a 10.000-50.000 individuos na República Democrática do Congo, único lugar onde se atopan . A súa poboación seguirá decrecendo nos vindeiros anos.
b) Desaparición de gorilas
Varias especies de gorilas atópanse ameazadas: -Gorilla beringei graueri, o gorila oriental de chaira: Poboación que se reduciu dende 1990 nun 65%, de 17.000 individuos a tan só 6000. -Gorilla beringei beringei, o gorila de montaña: Só quedan uns 880 individuos. -Gorilla gorilla gorilla, o gorila occidental de chaira, reduciu a súa poboación un 60%. Se se retirasen todas as súas ameazas tardaría 75 anos en recuperar a poboación inicial. A principal ameaza para os gorilas de montaña provén da deforestación e degradación do hábitat. A conversión de terras para a agricultura e a competencia polos recursos naturais limitados, tales como a leña, provocan diversos graos de deforestación. A única maneira de manter o hábitat dos gorilas é desenvolver actividades económicas alternativas que permitan á xente satisfacer as súas necesidades diarias, para que vexan aos gorilas non como competidores, senon como un medio para mellorar su propia situación.
c) Outras especies/ecosistema en perigo
A RDC conta con 5 parques nacionais: -Parque Nacional de Kundelungu -Parque Nacional de Maiko -Parque Nacional Salonga -Parque Nacional Upemba -Parque Nacional Virunga
Todos estes parques formados por bosques tropicais contan con especies importantes, tanto endémicas como non endémicas, de animais e plantas que se topan baixo protección. Entre estas especies inclúense os grandes simios pero tamén outros animais coma o elefante africano, o okapi, o pavo real congoleño… todos eles coas súas poboacións en declive debido ós problemas citados anteriormente.
Concretamente o comercio de carne silvestre estase convertindo na ameaza máis inmediata para a supervivencia futura da vida silvestre na cunca do Congo. Máis de 5 millóns de toneladas de carne de animais silvestres tómanse dos bosques da cunca do Congo cada ano. As concesións forestais son vendidas a compañías madeireiras, mineras e petroleiras do mundo desenvolto, o que lles permite levar a cabo a tala de árbores ao seu antollo. Esta deforestación de bosques dá lugar a desertos e rompe comunidades tanto de chimpancés coma de outras especie, co que moitas poblacions se fragmentan demasiado para ser viables.