Conífera perenne orixinaria do centro e do norte de Europa, onde forma grandes bosques, e amplamente cultivada en España como planta ornamental.
Trátase dunha árbore de altura considerable (ata 30-50m) e de copa piramidal. Posúe follas aciculares e dispostas en verticilos que, cando caen, ao facerse vellas, deixan unhas cicatrices sobre as ramas. As piñas ou conos (estruturas reproductoras) son colgantes e ovoides verdes ao principio e avermelladas despois, ata que finalmente se volven marróns.
A polinización e a dispersión das sementes son anemófilas (polo tanto, presentan anemocoria).