Co motivo do I Congreso Bio-Ambiente que tivo lugar os días 1 e 2 de Abril na Facultade de Bioloxía, as alumnas de Bioxeoquímica elaboraron uns pósters que vos deixamos aquí para que os vexades. Bo traballo!
acidificación_de_los_océanos.pdf acidificación_dos_océanos.pdf cambio_climático_oceánico_la_respuesta_del_fitoplancton.pdf ciclo_del_carbono.pdf contaminación_agrícola_por_praguicidas.pdf contaminación_auga_actividade_agrícola_gandeira.pdf contaminación_del_aire_en_china.pdf contaminación_oceánica.pdf contaminación_tecnológica_en_África.pdf cómo_afectaría_a_la_tierra_la_inversión_de_los_polos_magnéticos.pdf degradación_de_la_capa_ozono.pdf degradación_de_los_suelos_de_la_selva_amazónica_por_la_actividad_humana.pdf deshielo_en_la_antártida.pdf economía_circular.pdf el_continente_de_plástico.pdf el_deshielo.pdf el_problema_de_la_eutrofización_de_las_aguas_en_china.pdf hipoxia_marina.pdf impacto_da_industria_téxtil.pdf impacto_de_los_ogm.pdf la_deforestación.pdf la_degradación_de_los_arrecifes_de_coral.pdf la_degradación_del_permafrost.pdf la_gran_barrera_en_peligro.pdf la_pérdida_de_color_de_la_gran_barrera_de_coral.pdf metales_traza_en_el_medio_acuático.pdf microplásticos_en_el_ambiente_y_sus_efectos_en_la_salud_humana.pdf microplásticos_un_problema_global.pdf ola_de_frío_en_eeuu.pdf plástico_e_mar.pdf sobrepoblación_humana_y_ambiente.pdf sobrepoblación.pdf
0 Comments
Dende Bota e Bata solidarizámonos con todxs xs afectadxs polos devastadores incendios que se produciron nos últimos días.
Entendemos que tal cantidade de focos activos non é froito do azar, senón que manifesta a confluencia de varios factores. Non se trata só de salientar o “carácter intencionado” ou “provocado” dos lumes e en enumerar as dificultades que esta circunstancia xera para os equipos de extinción. Máis alá da chegada do furacán Ophelia que incrementou as temperaturas e a velocidade do vento, agóchase unha mala xestión do monte, o abandono do rural e unha grave falta na prevención de incendios. Ante a fragmentación dos equipos de extinción e a limitación dos seus recursos, moitos fomos testigos da descoordinación e do caos vivido durante estes días nos montes galegos. A plantación industrial de especies pirófitas (adaptadas ao lume) como o eucalipto, tampouco axuda moito a paliar a propagación dos incendios. Os eucaliptais, que requiren pouco ou nulo mantemento, fomentan o absentismo e o pouco coidado dos montes, incrementando o sotobosque e o risco de incendios. Outro feito salientable é que os fragmentos de corteza desprendida que colgan do tronco, ou se acumulan na súa base ou se convirten en pavesas que, arrastradas polo vento, dan lugar a novos focos que poden facer inútiles cortalumes e xeran unha sensación de intencionalidade dos incendios maior da real (informe de Greenpeace sobre a conflitividade dos eucaliptais). Ademais das persoas e propiedades afectadas, tamén é necesario mirar cara ás perdas irrecuperables do patrimonio natural (como pode ser nos Ancares ou no Courel). Como futurxs biólogxs comprendemos que a biodiversidade está posta en xaque e será moi difícil que a nosa fauna e flora rebrote ante tal perturbación. É por isto, que mostramos todo o noso apoio ás concentracións celebradas onte ao longo do país e esiximos que se tomen as medidas axeitadas para que esta catástrofe non se repita. Nunca máis. |
Blog BeBBioloxía, divulgación científica e actualidade universitaria. Archivo
Categorías
|