Árbore caducifolia propia das rexións temperadas e frías do hemisferio norte.
Caracterízase por unha corteza branca que se desprende a tiras e por unhas follas colgantes, agudas no ápice e dentadas polos bordos do limbo. As súas flores, que xorden en primavera, agrúpanse en inflorescencias colgantes ou amentos. A partir destas, orixínanse uns froitos con ás.
Habita en rexións húmidas e frías, de xeito que é bastante resistente ás baixas temperaturas, pero pouco resistente á sequía. Ademáis, ten preferencia por solos ácidos.