Árbore caducifolia, orixinaria do leste de América do Norte, onde pode alcanzar ata 50 m de alto. Trátase dunha árbore que prospera nos solos arcillosos ou silíceos con influencia oceánica,como son os de Galicia,País Vasco ou Norte de Portugal.
Consta de follas pinnadolobuladas, é dicir, co borde lobulado e dentados cara ó final. Coa chegada do outono adquiren unha cor amarela e despois vermella, xusto antes de desprenderse da árbore.
As súas flores son unisexuais e florecen a mediados de primavera e a súa polinización é anemofila. O seu froito son as landras subglobosas, cunha cúpula e un ápice redondeado.