Anxiosperma orixinaria do Sueste de China e máis Xapón, de gran valor ornamental polas súas vistosas flores. Atopánse en solos moi drenados, neutros ou alcalinos. Esta especie está moi exposta á plaga do pulgón.
As súas follas son lanceadas e cambian a unha cor amarela e vermella coa chegada do Outono. As súas flores están espazadas e agrupadas de 2 a 6 ao longo las polas da árbore. A súa coloración pode ir dende un branco ata un rosado.
O seu froito é unha drupa globosa negra, é dicir, que ten un mesocarpo carnoso que rodea ao endocarpo leñoso.