PLÁTANO DE SOMBRA - Platanus orientalis var. acerifolia
Árbore caducifolia orixinaria en Eurasia, entre os Balcán e Irán (aínda que hai autores que defenden que esta distribución en realidade era máis ampla).
Habita nas rexións de ribeira, xunto con ameneiros ou salgueiros; pero, unha vez que se establece nun espazo máis seco tamén é capaz de sobrevivir (aínda que tamén é resistente ás temperaturas baixas). Ademáis, resiste a ambientes bastante contaminados.
Presenta follas palmatipartidas, con lóbulos longos e flores reunidas en inflorescencias globosas. As súas sementes están provistas de pelos, de maneira que a veces lles xeran problemas, como irritacións, a algunhas persoas.