Árbore caducifolia, moi escasa en Galicia, podendo atoparse principalmente nalgunhas zonas húmidas do norte, pero presente en toda Europa, frecuentemente en zonas de polo menos 1000 metros de altitude.
É unha árbore de ata 40 metros de altura, de crecemento lento e madeira dura e de boa calidade. Florece de febreiro a abril, mostrando unhas flores pouco chamativas en pequenos grupos, que logo producen sámaras coa semente colocada no centro. As follas teñen o borde moi serrado de forma irregular, de modo que pode parecer que hai 2 ou 3 ápices, e a base destas é asimétrica.