Ximnosperma orixinaria da China e considerada como un fósil vivinte, posto que se mantivo moi conservada co tempo, ademais de tratarse dunha das árbores máis antigas coñecidas. De feito, o xénero Ginkgo é (segundo algúns autores) o único supervivente da división Ginkgophyta.
Trátase dunha árbore caducifolia e dioica, cuxos machos e femias se diferencian na forma da copa, que é máis piramidal en machos e máis ancha en femias. Posúe follas coriáceas e bilobuladas que adquiren unha coloración amarela no outono. O seu talo é erecto e contén unha corteza gris e surcada.
Carece de piñas e xera uns falsos froitos con mal cheiro pero de semillas comestibles.